Xogos
Son recitados cun ritmo ben marcado que serven para designar o/a neno/a que panda ou que libra no xogo que se vai desenvolver a continuación. O participantes póñnse en roda ou en ringleira diante do botador. Este sinala un a un os compañeiros, recitando ou cantando a cantinela escollida. Son moi ricos e variados en todas as culturas.
Unha, dúas, tres,
chi;
unha, dúas, tres,
cu;
unha, dúas, tres,
la;
unha, dúas, tres,
te.
Chiculate,
Chiculate…
Explicación:
Cando se di cada unha das sílabas “chi-cu-la-te” levántase a corda no aire por riba do neno/a que está a saltar. Este/a ten que se agachar para que non lle dea na cabeza e, despois, volve saltar. Ó chegar á palabra completa “chiculate”, dáselle rapidez á corda ata que perda.
Ricardo Pérez: “Xogos populares en Galicia…”
Pan,
queixo,
auga,
viño
e
touciño,
touciño,
touciño…
Explicación:
Cando se di “touciño” dáselle rapidez á corda ata que perda o/a neno/a. Cóntase o número de veces que é quen de saltar sen perder.
Ricardo Pérez: “Xogos populares en Galicia…”
Nun café rifaron un gato,
un, dous, tres e catro.
Un, dous e tres,
zapatiño inglés.
A ver a quen lle toca
o número catro.
Ricardo Pérez: “Xogos populares en Galicia…”
Nun café rifaron un gato.
Tocaralle a quen lle toque.
Tocaralle ó número catro:
Un, dous, tres e catro.
Ricardo Pérez: “Xogos populares en Galicia…”
Unha, dola,
tele, catole,
quile, quilete,
anda a raíña
polo seu gabinete.
Cinta de ouro
para o mouro,
cinta de gata
para a gata.
“Tu por tu
pagas tu”.
Ricardo Pérez: “Xogos populares en Galicia…”
Paxariño, rechinchiño,
vaite esconder
detrás da pía de tía Inés
que “te” toca a túa dita “ves”.
Explicación:
Este dito pódese usar para botar as sortes ou para xogar cos dedos do bebé.
Pin, pin, zarramacutín,
cuca malla Serafin.
Ti de ouro, ti de prata,
tápate coa gravata.
Espeto furruxente
saíu da porta do vento,
a min me cheirou,
a min me apestou,
o bufo do cu
de quen o botou.
Carme R. Ventoso, de Baroña – Porto do Son
Heime de fartar
ata estoupar.
Come, come,
gran lambón;
ten conta co
rebentón.
Un, dous,
tres, catro.
Sae ti,
que vén o gato.
Saria
Ditos, recitados e cancións infantís.
![Caricatura do espectáculo [Clic para máis información] Caricatura do espectáculo [Clic para máis información]](http://www.orellapendella.org/files/img/historias_do_avo_manuel.png)
![Non me fagas falar [Clir para ir ao programa] Non me fagas falar [Clir para ir ao programa]](http://www.orellapendella.org/files/img/banner_radio_migallas_2.png)

![Logotipo de facebook [Clic para acceder á nosa páxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/facebook.png)
![Logotipo de twitter [Clic para acceder á nosa páxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/twitter.png)
Comentarios recentes
hai 22 semanas 1 día
hai 3 anos 18 semanas
hai 3 anos 27 semanas
hai 3 anos 28 semanas
hai 4 anos 8 semanas
hai 4 anos 11 semanas
hai 4 anos 14 semanas
hai 4 anos 18 semanas
hai 4 anos 22 semanas
hai 4 anos 25 semanas