Trabalinguas

Cinco guifos novos mafigaños
amafigañaron unha guifa vella mafigaña
e veu o guifo vello mafigaño
e amafigañou os cinco guifos novos mafigaños
porque amafigañaran a guifa vella mafigaña.

Montse Ginesta: “Trabalinguas...”

Caeu unha “chica” ó chan.

José, de Marín

Caeuche unha “chica” ó chan.

Teresa, de Lérez

A pita pasa,
a pipa pinga.
Cando a pita pasa,
a pipa pinga.

Debaixo dunha pipa tinta
hai unha pita pinta;
cando a pipa tinta pinga,
a pita pinta pía.

Pasei polo río,
polo río pasei.
Pillei cordóns
cordóns pillei.

Ramón Fontenla e Virtudes Caamaño, de Valiñas – Barro

Pola presa do muíño fun.
Collín cordóns.
Cordóns collín.

Victoria, de Sebil – Cuntis

Por detrás daquel toxo
vai un pito coxo.
Corre, pito coxo,
pito coxo, corre.

Victoria, de Sebil – Cuntis

Variante:

Por debaixo da mesa
vai un pito coxo.
Corre, pito, corre,
corre, pito coxo.
Corre, pito, corre,
corre pito coxo.

Anabel, de Soutomaior

Un lobo rubio roe un loro duro.
Se un lobo rubio o roe, un loro duro o remoe.

Camilo Neira, de San Miguel de Sarandón - Vedra

Comín ril, ril
da “melra” gorda asada.

Josefa Pérez: “A nosa memoria- Marín”

Distribuir contido
ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.