Pedra, pedriña
Pedra, pedriña,
ben redondiña.
Tirulirulá,
tiruliruliña.
Pedra, pedriña,
ben redondiña.
Tirulirulá,
tiruliruliña.
Sentados no chan en círculo as nenas e nenos participantes con cadansúa pedriña diante, pásanlle esta ao compañeiro ou compañeira da dereita ao tempo que se di o recitado. A continuación, seguindo o mesmo ritmo, cadaquén pasa a que acaban de deixarlle diante e así sucesivamente. É un xogo de colaboración moi divertido.
Veiga, Paco “O libro dos xogos…”
Rosiña foi a París nun cabalo gris ó paso, ó trote, ó galope, galope, galope. O/a neno/a cabalga sentado na perna do adulto... Ler máis
Levita, levitón, tres pitas e un capón. O capón estaba morto e as galiñas no horto. Ler máis
Este neno ten soniño, ten ganiñas de durmir, ten un olliño pechado, outro xa non pode abrir. M. Barrio – E.M. Torner :... Ler máis
Gancho reviragancho, que tanto revigarancheaches, deixa que te desreviraganchee con este desreviraganchiño que teño para desreviraganchear ganchos reviragancheados nas ramas do carballal. Ler máis
Didín do charramusquín, alza, rabo de cuco, cando o rei por aquí pasou todas as aves convidou menos unha que deixou. Ler máis
-¡Tranquilo! -Tranquilo morreu cagando agarrado a un pé de millo e súa nai esperando por el no camiño. É a contestación para... Ler máis
Este é o dedo meniño, este é o seu sobriño, este é o pai de todos, este é o furabolos e este, o... Ler máis
– Compañeiro, sei tocare. – Compañeiro, ¿que sabes tocare? – Sei tocare o gaitieiro. – ¿Como se toca o gaitieiro? – Chirulí, chirulí, chirulí,... Ler máis
Dedín, dedín, dixo Roquín. Cando o rei pasou por aquí todas as aves convidou menos unha que quedou. M. Rico “Tantarantán…” Ler máis
Novo Aí vén Pedro Chosco por baixo da porta “dicíndolle” ás nenas que pousen a roca. Tamén vén Antón e dilles que non, que fíen as... Ler máis
Deixa unha resposta