Pavís, pavós (varias versións)
Pavís, pavós,
a filla do rei
casada con vós,
merda “pra” vós,
escollede vós.
Xurxo, Cangas-Moaña
Pavís, pavós,
a filla do rei
casada con vós
en quen escolledes vós.
Lourdes de Camariñas
Pavís, pavós,
a filla do rei,
casada con vós,
escoller en vós.
M. Barrio - L. Prieto: “Juegos infantiles...”
ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.
Ditos, recitados e cancións infantís.
![Caricatura do espectáculo [Clic para máis información] Caricatura do espectáculo [Clic para máis información]](http://www.orellapendella.org/files/img/historias_do_avo_manuel.png)
![Non me fagas falar [Clir para ir ao programa] Non me fagas falar [Clir para ir ao programa]](http://www.orellapendella.org/files/img/banner_radio_migallas_2.png)

![Logotipo de facebook [Clic para acceder á nosa páxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/facebook.png)
![Logotipo de twitter [Clic para acceder á nosa páxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/twitter.png)
1 comentario
pavís pavós. Parabéns polo labor.
Aínda que a min non me guste moito e cando o usamos co alumnado suprimimos o de "merda para vós", aquí nesta zona de Cangas e Moaña escóitase moito deste xeito:
Pavís, pavós,
a filla do rei
casada con vós,
(merda pra vós),
escollede vós.
Moitos ánimos con esta iniciativa que me parece formidable e moi necesaria dentro deste labor de recuperación e uso da nosa literatura oral e da nosa cultura, en xeral.
Moitas grazas e unha moi fonda aperta
Xurxo