Burlas, disparates e mentiras

Burlas, disparates e mentiras

Pachín, pachín, pachín,
non sabes o que vin:
un “ghato” na “ventana”
tocando o violín.

Ana Outón, de Vilariño-Poio

Se ti “viras” o que eu vin
quedabas abaneando;
unha cadela con pitos
e unha galiña ladrando.

Rico Verea, Manuel: ”Cancioneiro…”

Se ti “viras” o que eu vin
na feira de Monterroso;
vinte e cinco xastres xuntos,
de a cabalo dun raposo.

Rico Verea, Manuel: ”Cancioneiro…”

Se ti “viras” o que eu vin,
“fuxiras” como eu fuxín;
un gato nunha “ventana”
tocando nun violín.

Rico Verea, Manuel: ”Cancioneiro…”

Páxinas

Subscribe to RSS - Burlas, disparates e mentiras